Hoxe vamos presentarvos o noso 1º equipo, o sénior A.
Esta semana comeza a competición de 1ª Galicia, pero o sorteo quixo que nos tocara descansar en competición, inda así, o sábado irán xogar o último amigable previo á competición contra o Mazaricos.
O equipo está formado polos seguintes monstruos do fútbol:
Arriba de esquerda a dereita: Eloy, Álex, Chicho, Anxo, Néstor, Víctor, Jose (preparador físico), Luisito (adestrador), Jorge Castro (2º adestrador e delegado), Jorge, Andrés, Marcos, Isma e Richi.
Abaixo de esquerda a dereita: Pablo Novo, Cristian, Dani Silva, Pablo Reboiras, Óscar Blanco, Ramón, Dani Pose, Óscar Galbán, Edu e Xavi.
Rapaces, sabemos que nos ides facer disfrutar de boas tardes de fútbol en Vilas e en todos os campos que pisedes.
Animámosvos a vós, ós socios, seareiros, simpatizantes, amigos, veciños…. a que veñades a Vilas, a vosa axuda e alento farannos máis fortes.
